Buscamos sempre un e-learning eficaz, sinxelo e abraiante, baseado en novos conceptos e aplicacións pedagóxicas. É o noso espírito: desenvolvemos os proxectos nun ambiente creativo, colaborativo e estimulante, para conseguir unha rendibilidade sostible e crecente.
Equipo
Sumar talentos, inspiracións e diferentes xeitos de ver a vida son esenciais en NETEX para crecer e innovar. Entendemos o noso traballo como unha oportunidade para crecer profesional e persoalmente. Para aprender uns dos outros de forma constante.
Entusiasmo
Entendémonos, comunicámonos, convivimos. NETEX é unha organización horizontal e dialogante. O traballo é tamén un pretexto para desfrutar da vida que temos cando saímos do traballo. E o noso entusiasmo e desfrute nótase no que facemos.
Igualdade e conciliación
Estamos comprometidos coa igualdade de oportunidades e dereitos, e a eliminación de calquera tipo de discriminación e prexuízo. Esforzámonos por garantir a conciliación da vida laboral e persoal poñendo a disposición dos nosos empregados diferentes medidas e axudas.
Innovación
Un dos obxectivos principais de Netex é experimentar con conceptos pedagóxicos extremos. Investigamos como o uso de tecnoloxías (mobilidade de terceira xeración ou realidade aumentada, por exemplo) e redes sociais modifican a aprendizaxe en diferentes colectivos, e a súa posible aplicación no campo comercial. Estudamos a adaptación de contidos formativos a múltiples plataformas e dispositivos, para facilitar a usabilidade e accesibilidade de cursos e pílulas.
Centrados no e-learning
Estamos especializados no desenvolvemento de ferramentas sociais e contidos multimedia interactivos para Internet e outros formatos como móbiles ou televisión interactiva. Os nosos clientes comparten a nosa visión: e-learning integrado na estratexia das súas organizacións e convertido en ferramenta esencial para a xestión do coñecemento e a comunicación entre persoas.
Sin fronteras
O noso modelo de empresa consolidounos como provedores de referencia de servizos e contidos de e-learning. Actualmente iniciamos a nosa fase de expansión internacional, coa apertura de oficinas en India e a sinatura de acordos estratéxicos coas principais universidades e escolas de negocio europeas.
Sabemos escoitar
A nosa capacidade de acertar co produto axeitado basease en escoitar ao noso cliente, non contentarnos coa primeira idea esbozada como a mellor solución e continuar afondando nos intereses e obxectivos de cada empresa e institución ata dar co medio, o formato e os contidos idóneos.
Partners
Os nosos resultados baséanse en colaboracións de longo percorrido cos nosos clientes e acordos estratéxicos con partners.