A medida

Persoas distintas. Organizacións distintas. Contidos distintos.

Os nosos desenvolvementos axústanse ás necesidades formativas específicas da súa empresa ou institución. Os nosos cursos, pílulas e simuladores confecciónanse co esmero dun traxe a medida. O deseño pedagóxico, integración de todos os recursos multimedia necesarios, teñen como eixe central ao alumno e como obxectivo a transmisión efectiva do coñecemento.

Consultoría integral

Cal é o perfil dos nosos alumnos potenciais e que temas son esenciais para a súa formación? Que deseño pedagóxico e recursos gráficos ou audiovisuais son os axeitados? Cales son os requisitos de hardware e software para a posta en marcha do proxecto? NETEX aporta respostas para que a formación sexa unha das bases do éxito estratéxico da túa organización.

Catálogo

O noso catálogo é o resultado de máis dunha década de dedicación exclusiva ao e-learning, en todas as súas facetas. Os nosos cursos son coñecidos por ofrecer un estudado deseño pedagóxico e un especial agarimo nos recursos gráficos e audiovisuais. Tamén ofrecemos unha ampla gama de contidos proporcionados por elementk, empresa estadounidense especializada en e-learning e partner de NETEX.

Comunicación interna

Convertemos a tecnoloxía nun instrumento que consolida o espírito de cooperación na túa organización: contidos e ferramentas de software ao servizo das relacións e o entendemento das persoas que forman parte do mesmo proxecto.

Rapid learning

Learning coffee é a nosa solución rapid learning versátil, económica e de alta calidade para levar contidos esenciais ao usuario. Un complemento esencial, multidispositivo e portátil, que aporta valor engadido á formación presencial, on-line ou blended. Somos expertos no desenvolvemento de rapid learning perfectamente adaptado ás necesidades dos nosos clientes.

Social learning

Entendemos a formación como un proceso de comunicación, unha vía para transformar a túa organización nunha comunidade de coñecemento. Kubbe nace con este espírito: unha suite de software completamente personalizable e modular, cunha orientación social e colaborativa e que integra as mellores ferramentas e aplicacións de xestión e comunicación.

Dinamización

En NETEX atoparás a expertos na xestión e dinamización de eventos on-line. Comprendemos e usamos a Rede como unha forma natural de comunicación e relación entre persoas. Deseñamos a coordinación, asesoramento e dinamización de eventos e certames mediante o uso estratéxico de blogs, redes sociais, foros, mensaxería, programas de intercambio de arquivos e telefonía.

Multidispositivo

Somos especialistas en estender a experiencia de aprendizaxe a todo tipo de dispositivo e contorno: móbiles, PDA, televisión interactiva, plataformas de videoxogos, metaversos. Centrámonos na investigación e desenvolvemento de novas ferramentas e contidos adaptados, analizando de que modo a aprendizaxe se ve modificada polas novas plataformas e medios.

Realidade aumentada

Actualmente, experimentamos os posibles enfoques comerciais e aplicacións didácticas en eidos como a medicina, educación infantil e universitaria, educación especial...

Edutainment - Serious games

Contamos no noso catálogo con diferentes xogos especialmente orientados á educación e á concienciación. Ademais de serious games para web ou CD-ROM, desenvolvemos para consolas como Wii.

Simulación

Os nosos clientes confían en nós para ofrecer unha experiencia inmersiva de alto nivel ao usuario, estimulándoo para que aprenda a través da interactividade. Desenvolvimos con éxito simuladores que exercitan diferentes habilidades do estudante, dende a súa capacidade como xestor de proxectos, ata como director de reunións eficaces.