Simulador de reunións eficaces
Solicitóusenos un contorno simulado de reunións, no que se exercitaran e avaliaran as habilidades necesarias para coordinar reunións e o traballo de equipos conformados por persoas con perfís moi diferenciados e, incluso, enfrontados. Desenvolvimos un produto flexible, capaz de axustarse a diferentes configuracións de hardware e ancho de banda, combinando vídeo, audio e fotografía.
Kubbe Eroski
Eroski, empresa pertencente ao Grupo Mondragón, conta con máis de 50.000 persoas no cadro de persoal e dispón de preto de 2.400 puntos de venta. Necesitaban un modo eficaz de canalizar o coñecemento dentro da organización e elixiron a Kubbe pola súa flexibilidade e orientación 2.0.
Proxecto Júpiter
Telefónica Compras expúxonos a necesidade de explicar a máis de 20.000 provedores as modificacións na súa aplicación de vendas e poxas. Elaboramos 16 videotitoriais, decenas de manuais en formato learning coffee e a plataforma de software que lles proporciona acceso e seguimento.
Learning coffee La Salle
Os expertos de La Salle IGS - Escuela de Negocios proporcionan contidos, supervisión e asesoramento para a marca learning coffee nas liñas dedicadas a recursos humanos, desenvolvemento do talento e innovación.
Seguridad en oficinas bancarias
Caixa Galicia, entidade financeira con presenza en 17 países e dotada dunha rede de máis de 800 oficinas, solicitounos un curso sobre medidas de seguridade e prevención de atracos, que suma rigor con liberdade creativa.
Acollida global Iberdrola
O Grupo Iberdrola, líder mundial en enerxía eólica e unha das 5 maiores compañías eléctricas do mundo, necesitaba deseñar e pór en marcha unha campaña de comunicación interna. Axudamos a que o Grupo chegara aos seus máis de 33.000 empregados espallados en preto de 30 países para transmitirlles a súa visión, filosofía e compromisos sociais e medioambientais.
10º Certamen EducaRed A Navegar Fundación Telefónica
Desde NETEX dinamizamos, coordinamos e ofrecimos soporte e asesoramento para este certame que leva dez anos promovendo o uso das TIC nas escolas e institutos. Durante 4 meses traballouse cun total de 5.174 participantes.
Xadrez e toma de decisións
De que modo o xadrez nos pode axudar a tomar decisións? Que habilidades pon en xogo un gran mestre sobre o taboleiro que poden ser eficaces nunha mesa de negociación? Como valernos da experiencia xadrecística para mellorar o noso modo de decidir? Intentamos dar resposta a estas cuestións cun curso que enlaza o xadrez cos negocios a través da implicación activa do alumno.
Educación vial
Este curso de concienciación e coñecemento das normas de circulación presenta, mediante o uso intensivo de animacións, unha gran variedade de exercicios interactivos. Inclúe, a modo de proba final, unha simulación de condución.